Queda en liberdade o home da ex-concelleira de Sarria que fora detido por un presunto delito de malos tratos
Publicado o 25/11/2019 08:01
Queda en liberdade a parella da ex-concelleira de Sarria que desaparecera hai dez días. A muller fora atopada nun hotel de Lugo ao día seguinte de que a súa irmá denunciara a súa ausencia. Tivo que ser ingresada nun centro hospitalario de Lugo e foi tras recibir a alta, cando presentou no cuartel de Sarria unha denuncia contra o seu home por un presunto delito de malos tratos.
El foi detido horas despois e tras prestar declaración ante o xuíz foi posto en liberdade.