CRTVG

Buscar

En liberdade con cargos os sete detidos nunha operación antidroga en Pontevedra

Publicado o 17/12/2020 19:20
En liberdade con cargos os sete detidos nunha operación antidroga en Pontevedra

En liberdade con cargos os 7 detidos nunha operación antidroga en Pontevedra. Despois dos arrestos, os axentes fixeron 6 rexistros en vivendas e locais de Monteporreiro e Pontevedra cidade. Neles incautáronse de cocaína, marihuana, haxix, anfetaminas, armas e 16.000 euros en efectivo. Os investigados están acusados de formar unha rede de distribución de drogas a pequena escala. O seu centro de operacións estaba supostamente nun chalé de Salcedo. A operación está baixo segredo de sumario.

Noticias web

17/12/2020