CRTVG

Buscar

En liberdade con cargos os detidos por enganar estranxeiros con contratos de futbolistas

Publicado o 11/07/2018 21:03

A Policía Nacional desartellou en Ourense unha presunta trama criminal que captaba de xeito irregular futbolistas estranxeiros con falsas promesas de contratos na liga profesional de fútbol. Dos tres homes detidos, dous pasaron xa pasaron a disposición xudicial en Verín.

Tras máis de tres horas prestando declaración aquí nos xulgados de Verín, o xuíz decidiu deixar en liberdade os dous detidos, coa obriga de comparecer cada 1 e 16 de cada mes. Son o presidente do Monterrei Club de Fútbol, Florentino Romero, e o avogado e ex-presidente do Club Deportivo Ourense, Alberto González Atanes.

Os dous están investigados por pertencer presuntamente a un grupo criminal que favorecía a inmigración ilegal de futbolistas estranxeiros. Acúsanos de falsidade documental e de traer 10 mozos de países como México, A Arxentina, Colombia ou O Senegal enganados con falsas promesas de contratos como futbolistas da Liga Española. O outro detido xa quedara en liberdade tras declarar nas dependencias policiais. A investigación comezou cando un dos mozos de México denunciou a situación na comisaría de Verín.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018