En liberdade con cargos e cunha orde de afastamento o adestrador vigués acusado de abusos a unha menor
Publicado o 22/10/2021 13:19

Un xulgado de Vigo investiga un adestrador por supostos abusos sexuais a unha menor. Trátase dun home de 38 anos que foi denunciado pola familia da moza, de 15.
Os feitos remóntanse ao ano pasado. Supostamente, gañou a confianza dos pais da rapaza para achegarse a ela, e aproveitou uns adestramentos individuais para cometer os presuntos abusos, que se repetiron en varias ocasións.
A consecuencia da denuncia, a Unidade de Familia e Menor da Policía Nacional fíxose cargo da investigación e procederon á detención do adestrador. O home quedou en liberdade con cargos e cunha orde de afastamento da rapaza.