CRTVG

Buscar

En liberdade con cargos dous irmáns do Carballiño acusados de varios roubos

Publicado o 17/09/2021 12:45

A Garda Civil detivo dous mozos do Carballiño, que son irmáns, aos que lles atribúe a maioría dos roubos rexistrados nesta vila o mes pasado de agosto. Os mozos, con numerosos antecedentes, roubaron en vivendas e garaxes.

Ata doce roubos atribúelles a Garda Civil aos dous irmáns, de dezanove e vinte e seis anos de idade respectivamente. Vendían inmediatamente o botín de cada roubo para supostamente mercar droga. Os mozos quedaron en liberdade con cargos, tras prestar declaración xudicial.

Noticias web

17/09/2021