CRTVG

Buscar

O presunto asasino de George Floyd, libre tras pagar unha fianza dun millón de dólares

Publicado o 08/10/2020 08:48

Sae en liberdade baixo fianza o ex-policía de Minneápolis acusado do asasinato do afroamericano George Floyd en maio. Derek Chauvin saíu do cárcere tras depositar unha fianza dun millón de dólares.

Os outros tres axentes que participaron na detención de Floyd e que están imputados por complicidade no asasinato tamén están en liberdade tras despositaren os 750.000 dólares da súa fianza. O xuízo está previsto que se celebre no mes de marzo.

 

Noticias web

08/10/2020