En Laza celebran cumprindo as normas o Luns Borralleiro do Entroido
Publicado o 15/02/2021 13:31
É luns de Entroido, Luns Borralleiro en Laza. Un día que, se non fose pola pandemia, se viviría pola mañá coa loita con farrapos cheos de lama e pola tarde coas formigas e coa saída da Morena, un acto de catarse en que participan centos de persoas cada ano.
En contraposisición, o ambiente de hoxe na praza da Picota non era exactamento o mesmo. Moitas gañas de entroido pero contidas pola pandemia.
Os veciños non lembran non celebralo e, por iso, timidamente si voou algún farrapo. Iso si, baixo a atenta mirada da garda civil que está tamén controlando os acceso a esta vila. Tamén hai algún difrace pola rúa para animar un concello no que outro ano estaría a tope de visitantes.