CRTVG

Buscar

En Italia haberá que mostrar o certificado sanitario para entrar nos locais de ocio

Publicado o 23/07/2021 08:22

En Italia só poderá entrar nos locais de ocio quen teña o certificado sanitario do coronavirus.
Vai ser así desde o próximo día cinco de agosto. A partir desa data, quen queira sentar á mesa no interior dun bar ou restaurante ou entrar noutros locais de ocio deberá mostrar o documento que acredita ter a vacinación completa, que se superou a COVID−19 ou ter unha proba con resultado negativo.

O Goberno italiano aprobou un decreto en que tamén amplía o estado de emerxencia durante cinco meses máis, ata fin de ano.

 

Noticias web

23/07/2021