CRTVG

Buscar

En Italia dan por feita a chegada de Lobotka ao Nápoles

Publicado o 02/01/2020 16:06

Lobotka podería ter as horas contadas no Celta. La Gazetta dello Sport sinala hoxe que o acordo entre o Nápoles e o Celta estaría moi preto de concretarse. O traspaso pecharíase arredor dos 20 millóns de euros.

Á espera de que a operación poida fructificar, esta mañá puidemos ver a Lobotka adestrándose con aparente normalidade. David Costas non ten claro que o eslovaco vai marchar. Entende o central que é a mesma historia de todos os anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/01/2020