CRTVG

Buscar

En Gomesende levan quince días sen teléfono fixo e Internet

Publicado o 02/01/2020 14:10

Así están no concello de Gomesende dende o pasado 19 de decembro.

Unha avaría deixounos sen liña de teléfono fixo e sen conexión a Internet. O que pensaron que sería un problema temporal, prolóngase xa durante dúas semanas con importantes inconvenientes para os veciños do municipio.

Nun concello no que a media de idade rolda os 75 anos, os máis prexudicados son os maiores, que non acostuman a utilizar o teléfono móbil. Din sentirse incomunicados.

Os veciños aseguran estar fartos e reclaman unha solución inmediata ao seu problema.

Dende o Concello onde sofren o mesmo problema, aseguran que non desbotan reclamar indemnizacións e mesmo emprender accións legais contra a compañía. 

Noticias web

02/01/2020