CRTVG

Buscar

En Galicia temos 44 casos por cada 100.000 habitantes no ámbito educativo

Publicado o 06/10/2020 21:14

As consecuencias da pandemia estiveron hoxe no centro do debate parlamentario. Vai ser así durante tempo.

En primeiro lugar porque os tres grupos acordaron reformar o regulamento para permitir o voto delegado ou telemático no caso dun contaxio masivo entre deputados.

Tamén porque o conselleiro de Educación deu datos sobre os contaxios nas escolas de Galicia. 

Os profesores, pais e alumnos están actuando con responsabilidade e prudencia. Así o defende Román Rodríguez, que recorda que o número de casos nos centros escolares de Galicia é menor ca no resto de España.

Ademais, se en Galicia temos 52 casos por cada 100.000 habitantes, no sistema educativo é só de 44.

Aínda así, os grupos da oposición cren que a Consellería actuou con improvisación, e que o curso está en marcha grazas ao traballo dos profesionais do ensino.

Rodríguez recordou que o 27 de agosto o Goberno central cambiou o protocolo de seguridade en secundaria e bacharelato. Foi a razón de que decidise aprazar unha semana o inicio de curso neses niveis.

Noticias web

06/10/2020