CRTVG

Buscar

En Galicia hai 15 concellos con restricións sanitarias

Publicado o 06/10/2020 14:22

A cidade de Santiago acumula máis dun mes de restriccións sanitarias. E seguimos sen afacernos a limitar os encontros sociais.

"Vexo nos meus amigos que sen querer incumprimos algunha medida". "Na facultade estamos afastados, pero ao saír xuntámonos uns cos outros". Na rúa recoñecen que se fan aínda moitas reunións familiares.

Os casos activos na capital descenden ata os 528, pero non se pode baixar a garda.

"Hai que ter sentidiño en todo esto". "Levamos moito tempo coa máscara e tómalo como algo natural".

En Galicia hai 15 concellos con restricións, unha das zonas máis afectadas é a comarca do Salnés. Aínda así, os datos melloran na área sanitaria de Pontevedra, onde pasaron de atender medio cento de pacientes ao día a menos de 20.

"A cumprir as medidas de seguridade, que é o que toca, e ser responsables". Cómpre seguir usando a máscara, o hidroxel... "Hai que cumprir as medidas sanitarias, se non malo, e sobre todo para a xente maior coma min".

Nesta área aplícase xa o protocolo de dez días de corentena para os positivos asintomáticos. Na última semana déronse preto de 300 altas. Nas últimas horas rexistrábase o primeiro positivo no cárcere da Lama, un interno en réxime de terceiro grao. O terceiro caso nas prisións galegas.

Noticias web

06/10/2020