CRTVG

Buscar

En Galicia están rexistrados 1.600 escolares con altas capacidades

Publicado o 03/09/2018 16:24


Case 1.600 escolares galegos están detectados como alumnos con altas capacidades intelectuais, segundo os últimos datos do Ministerio de Educación. Os programas de detección e o apoio das familias e da escola son claves para o éxito deste tipo de estudantes con necesidades específicas.

Ter altas capacidades intelectuais, como por exemplo a superdotación, non é sempre garantía de éxito. De feito máis do 30  por cento destes alumnos non se adapta aos estándares do sistema educativo e acaba en abandono escolar por desmotivación.

Detectar e atender correctamente estes alumnos con necesidades específicas é un dos principais obxectivos dos protocolos de identificación. Galicia contará cun novo a partir de outubro.

En España hai rexistrados máis de 27 mil escolares con altas capacidades, 1.590 en Galicia. É a quinta comunidade, por detrás de Andalucía, Murcia, Madrid e As Canarias con maior número de escolares con capacidades superiores á media.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/09/2018