CRTVG

Buscar

En Galicia están identificados un cento de lagares rupestres

Publicado o 09/09/2018 18:24

Celébrase esta fin de semana en Monterrei o único foro de España sobre lagares rupestres. O obxectivo é identificar, protexer e poñer en valor estes achados arqueolóxicos que avalan a existencia da cultura do viño no país dende hai máis de 2.000 anos.

As estruturas máis rudimentarias para facer viño, labradas nas pedras dos montes. Son os lagares rupestres.

Este lagar de Ábedes, en Verín, é de pisado, non contaba con prensa polo que está entre os máis antigos, do 200 antes de Cristo calculan. 

Coñecen as características deste lagar expertos chegados de distintas comunidades autónomas e de Portugal. É o único encontro sobre a cultura milenaria de produción de viño que se celebra en España.

O obxectivo deste foro é acadar unha cartografía dos lagares rupestres como paso previo á súa declaración de Patrimonio Cultural Europeo. Na península Ibérica hai preto de mil, en Galicia un cento, onde máis nesta comarca de Monterrei.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2018