CRTVG

Buscar

En Galicia as autocaravanas non poderán pasar máis de dúas noites en espazo público

Publicado o 21/08/2019 15:00


O turismo de cámping representa o 9% da demanda turística galega e medrou este ano un 33%. A Xunta está adaptando á normativa galega á realidade europea para estes espazos.

"Como é o cambio de tres categorias a cinco, por estrelas para que sexan facilmente identificables", anunciaba Nava Castro, directora de Turismo da Xunta

Tamén establecerá por primeira vez campings exlusivos para vivendas sobre rodas.

"Especializado exclusivamente para caravanas e autocaravanas. E as caravanas e autocaravanas que estean en tránsito xa é competencia municipal, pero nunca poderían pasar máis de dúas noites na área que reserve o concello", explicou Nava Castro.

Os empresarios cren que este tipo de normas son boas para acabar co intrusismo e o descontrol na regulación sobre as autocaravanas.

"Pensamos que é un gran decreto e que por fin creo que imos ter unha fórmula que ninguén pode dicir que non vaia responder a realidade social do campismo en Galicia", afirmaba o presidente da Asociación Galega de Cámpings

O decreto da Xunta tamén crea os cámpings temáticos, especializados en deportes, cultura ou calquera outra actividade. E abre a porta a novas formas de explotación comercial de instalacións estables como cabanas ou bungalós a través de turoperadores.

Noticias web

21/08/2019