CRTVG

Buscar

En Galicia abandónanse unha media de tres animais á hora

Publicado o 05/10/2020 14:50

As protectoras de animais levan décadas combatendo o abandono de mascotas, algo menos excepcional do que poida parecer. De feito, un estudo que se acaba de publicar sostén que en Galicia se abandonan ata tres animais domésticos cada hora.

No refuxio de Bando, en Santiago de Compostela, non deixan de chegar animais abandonados a diario. Unha situación que este ano se viu incrementada de maneira bastante notable con respeto a anos anteriores. 

Segundo o informe publicado pola asociación animalista Libera, nos últimos tres anos, na nosa comunidade abandonáronse máis de 60.000 animais.

Os cans e os gatos seguen a ser os que máis se deixan á súa sorte, aínda que neste refuxio chegaron a recibir especies de todo tipo. 

Dende os refuxios e protetoras piden a posta en marcha de medidas para lograr frear esta situación por parte das institucións e apelan á responsabilidade individual á hora de adoptar. 

Todos estes peludos buscan unha segunda vida en fogares que estean dispostos a tratalos como merecen. 

 

Noticias web

05/10/2020