CRTVG

Buscar

En Friol crían porcos celtas de xeito extensivo aproveitando tamén a rendibilidade do monte

Publicado o 10/08/2018 14:50

E hoxe coñecemos un proxecto piloto de cría de porco celta de xeito extensivo e que permite ao mesmo tempo un aproveitamento económico do monte. 

Desenvólveo a mancomunidade de montes de Carballo en Friol xunto coa Asociación de Criadores de Gando porcino celta e a USC. Consiste no uso de instalacións móbiles modulares como reforzo ao pasto en liberdade dos animais. Medio Rural colabora cunha achega de 74.000 euros a traves do Plan de desenvolvemento rural. Ángeles Vázquez destacou o valor ambiental e económico do proxecto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018