CRTVG

Buscar

En folga as plantas de Airbús en España contra o plan que implica o despedimento de 1.000 traballadores

Publicado o 23/07/2020 09:59

Os traballadores de Airbus, en folga nas diferentes plantas que a empresa ten en España. Reclaman a retirada do plan de recorte de emprego anunciado pola multinacional aeronáutica, que implica o despedimento de 1.000 persoas. E tamén arrastra as auxiliares.

Ademais da folga, os traballadores realizarán marchas polas distintas cidades onde están situadas as factorías: Cádiz, Xetafe, Sevilla ou Albacete. Airbus ten en marcha un plan de reestruturación en que prevé a supresión de 15.000 empregos en todo o mundo.

 

Noticias web

23/07/2020