CRTVG

Buscar

A Revista

En Finlandia, unha carreira de obstáculos onde os homes levan ás mulleres ao lombo

Publicado o 09/07/2018 12:44
E non se perdan o seguinte campionato. Atendan, cincuenta e tres homes puxeron sobre os seus hombreiros as súas donas e compañeiras e iniciaron unha carreira moi peculiar nunha pequena cidade finlandesa. Este sábado celebrouse a vixésimo terceira edición deste campionato do mundo.



Esta competición atrae a milleiros de visitantes a esta pequena cidade filandesa de 4.200 veciños. A competición dura unha hora e consiste en correr, atravesar charcas, ... unha carreira de obstáculos bastante diferente ao que estamos afeitos a ver.

Hai competicións clasificatorias oficiais en países como EEUU, Reino Unido , Suecia e Estonia. Estamos a ver imaxes do Campionato do mundo de Levar esposa ao lombo. Parece un pouco surrealista pero así é.

Esta carreira de obstáculo podería estar inspirada nunha lenda do século dezanove dun ladrón que probou aos seus aspirantes a membros da súa pandilla ao obrigalos a levar sacos de gran ou porcos vivos nun percorrido similar. Tamén se di que pode vir dunha práctica aínda máis antiga de roubo de esposas.

Os gañadores desta edición estaban bastante contentos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

09/07/2018