CRTVG

Buscar

Ferrol vive en silencio a procesión do Santo Enterro

Publicado o 19/04/2019 21:26

Unha das imaxes do Venres Santo fundamentais en Ferrol é a da procesión do Santo Encontro. Volveu escenificar o encontro de Xesús, cargado coa cruz e camiño do calvario, coa súa nai, o seu discípulo Xoán e a Verónica. Milleiros de persoas acudiron á praza de Amboaxe, onde se atoparon os catro pasos. Máis de catro séculos de tradición declarada de interese turístico internacional desde 2014.

Pero tamén pola tarde e pola noite, coma cada Venres Santo, Ferrol respira emoción. Na tarde do Venres Santo, catro procesións encheron as rúas da cidade, entre elas a do Santo Enterro, que sae únicamente este día.

Os pasos da Virxe das Dores e San Xoán son levados na procesión do Traslado desde o seu curral ata a concatedral de San Xiao para acompañar o desfile do Santo Enterro, un dos máis solemnes da Semana Santa de Ferrol e dos máis queridos polos confrades.

A concatedral é o punto de partida dun desfile en que participan todos os membros da confraría do Santo Enterro, uns 150 homes e mulleres. O cristo vai nunha urna, unha peza que data de 1891. A orixinal na actualidade exponse no Museo da Semana Santa de Ferrol. Na procesión do Santo Enterro impera o recollemento.

Tras o percorrido do Santo Enterro, sae a procesión da Soidade e á medianoite e tamén da concatedral de San Xiao, un dos desfiles máis singulares da Semana Santa ferrolá: a procesión dos Caladiños.

 

Noticias web

19/04/2019