CRTVG

Buscar

En estado grave unha veciña de Mos que foi atacada por un can pitbull na súa casa

Publicado o 07/11/2017 21:08

Unha veciña de Mos de 76 anos está ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en estado grave despois de ser atacada por un can pitbull na súa casa 

Pouco despois do mediodía, unha brigada que facía obras nesta estrada da parroquia de Cela, en Mos, advertiu á propietaria desta casa que o can os estaba atacando. 

Segundo contan, deseguido o animal se botou a ela e empezou a mordela en pernas e brazos. Todos os esforzos que eles e mailo xefe da Policía Local de Mos, que é veciño do lugar, fixeron por separar ao can foron en van ata que un dos operarios conseguiu arredalo movendo o cazo dunha pá.

O fillo da vítima e propietario do can foi quen, finalmente, conseguiu volver prendelo, xa que segundo algunhas testemuñas, o animal, de raza pitbull, vivía atado nun garaxe. Contaba con microchip, tiña todas as vacinas regulamentarias e xa foi trasladado a unha canceira onde permanece en corentena. O prognóstico da muller, de 76 anos, é grave e, segundo fontes hospitalarias, a súa vida non corre perigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2017