CRTVG

Buscar

En estado grave a muller que se botou dun balcón coa filla de dous anos en Madrid

Publicado o 18/09/2019 19:40

Ás once da mañá, un golpe seco asustou os veciños da rúa Infanta Mercedes, no barrio madrileño de Tetuán. Dous corpos, unha muller de 44 anos e unha nena de 2, caeron desde un segundo andar. Un dos coches aparcados na rúa amorteceu o golpe.

"Eu estaba limpando o meu portal, saio e xa vexo todo, falo co varredor e foi el o que chamou porque lle caeron as dúas persoas, que lle pasaron rozando, deulle a un coche, que hai sangue no coche".

"Cando me levantei vin que a nena caía pola ventá, xusto cando eu me asomei a ventá a nena ía para abaixo, encima dun coche azul, caeu ao chan".

"Cheguei e vin que no meu coche, dixéronme que caeran dúas persoas encima del, e non podo sacalo nin nada porque están facendo probas".

Os esquipos sanitarios atenderon as dúas no lugar antes de trasladalas ao hospital. A nai está ingresada en estado grave no hospital da Paz. Ten traumatismo craniencefálico. A nena tamén está grave, con traumatismos a cabeza e na cara.

A policía está investigando as circunstancias do suceso pero en principio parece que a muller se botou desde o balcón coa nena. De momento, está arrestada por tentativa de homicidio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019