CRTVG

Buscar

En estado crítico un menor tras caer na piscina dunha vivenda en Madrid

Publicado o 18/06/2019 19:14

Un menor atópase en estado crítico tras caer na piscina dunha vivenda en Morata de Tajuña, no sur de Madrid.

Os irmáns do meniño de 2 anos de idade atopárono somerxido cando xa levaba varios minutos afogado. Os pais practicáronlle as manobras de reanimación ata que chegaron os servizos de emerxencia, que o trasladaron en helicóptero ao Hospital 12 de Outubro. A Garda Civil fíxose cargo da investigación.


 

Noticias web

18/06/2019