CRTVG

Buscar

En estado de morte cerebral o home agredido cunha rozadoira na Cañiza

Publicado o 18/06/2017 20:30

A súa filla, quen tamén ten feridas nas mans, evoluciona favorablemente. O agresor, de 51 anos, pasará este luns a disposición xudicial

O home agredido onte por un veciño cunha rozadoira na Cañiza está en estado de morte cerebral como consecuencia das graves feridas. 

A súa filla, que tamén foi atacada coa rozadoira, evoluciona favorablemente despois de someterse a unha operación na que lle reconstruíron a cara e as mans. Ambos están ingresados no Álvaro Cunqueiro.

A vítima, nunha situación moi crítica, era moi coñecida neste municipio. Mentres, o suposto agresor, un veciño de Vigo de 51 anos, permanece no cuartel da Cañiza. Mañá podería pasar a disposición xudicial en Ponteareas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2017