CRTVG

Buscar

En España os casos de contaxio achéganse aos 80.000 e hai que lamentar 838 mortes en 24 horas

Publicado o 29/03/2020 21:00


España achégase aos 80.000 contaxios, tras a detección de 6.500 casos novos.

Hai que lamentar, ademais, unha nova marca no número de mortos, 838 en 24 horas, o que fai un total de 6.500 finados.

A presión nas unidades de coidados intensivos tamén creceu, pero menos ca onte. E sumáronse 2.400 altas, co que xa son case 15.000 os pacientes que superan a enfermidade.

As autoridades sanitarias insisten en que as porcentaxes de crecemento parecen estar establizándose e empezando a descender.

Subliñan, porén, que o reto agora é evitar contaxios novos para non saturar máis as UCI.

A policía e o exército están colaborando no aprovisionamento de material de protección e na realización de probas.

 

Noticias web

29/03/2020