CRTVG

Buscar

En Down Galicia ambicionan a inclusión total das persoas con discapacidade no ámbito laboral

Publicado o 19/05/2018 14:46

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia: "Todas as persoas somos capaces de facer algo, da mesma forma que non todos podemos facer todo. As persoas que teñen algunha dificultade engadida á que podemos ter calquera, porque todos temos as nosas dificultades, naturalmente que son capaces de facer algo. Aínda e moito o que nos queda por andar para que se poida chegar ao que é o cambio real e absoluto, o que sería esa normalización, onde non tiveramos que falar de persoas con ou persoas sen".

Das 226 persoas que se adheriron ao Proxecto de Emprego con Apoio de Down Galicia, o ano pasado,141 están traballando, once delas con contratos indefinidos. Malia que a cifra é significativa e supón un antes e un despois na inclusión laboral das persoas con algún tipo de discapacidade intelectual, dende a entidade din que hai que ser ambiciosos. 

Carlos Fernández, xerente de Feu Vert: "José Manuel e unha persoa que nos apoia no que é a xestión das prazas de aparcamento. Regulariza o tráfico, porque para nós é vital o funcionamente, sobre todo as fins de semana que se nos satura todo e estamos ata enriba. Temos que dedicar unha persoa a esa xestión e máis apóianos no que é a colocación e a limpeza da tenda. Non necesita unha supervisión diaria nin moito menos, el organízase perfectamente".

José Manuel Piñán, traballador de Feu Vert: "Cada vez que remato dúas sesións, saio fóra a mirar como está o aparcadoiro". 

Neste programa, os traballadores reciben un seguimento dende a selección ata a incorporación ao seu posto na empresa, así como durante toda a súa vida laboral. Ademais de asesorar tamén á empresa e aos compañeiros de traballo.

O apoio de Down Galicia no emprego, ao inicio, é a xornada completa, ata que o desenvolven as súas funcións de forma totalmente independente, como no caso de José Manuel que ten contrato indefinido e leva catro anos xa, na mesma empresa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2018