CRTVG

Buscar

O Sestao elimina o Lugo nos penaltis

Publicado o 18/12/2019 22:50

Caeu o Lugo en Sestao nos penaltis e, se cadra, redúcese o creto de Eloy Jiménez. Sexto penalti na tanda de cada equipo. Lebedenko falla. Atinado o meta do Sestao. E Iván Alonso desata a tolemia entre a afección do Sestao, equipo de Terceira división.

O Lugo volveu ser o equipo gris dos últimos encontros e sumouse á lista de sorpresas na primeira eliminatoria da Copa do Rei. O Sestao xa estivo cerca de lograr a clasificación no tempo regulamentario. Adiantouse no minuto 37 cun testarazo de Leandro Martínez. Pero Cristian Herrera forzou a prórroga no 91. Sen goles no tempo engadido, a eliminatoria resolveuse dende os 11 metros. Os dous equipos marcaron os seus respectivos cinco penaltis, ata que Lebedenko errou na morte súbita.

Adeus á Copa e a pensar na liga, con tres puntos en xogo e pode que tamén a continuidade do técnico.