Biden: "Os números son claros, imos gañar esta carreira"
O candidato demócrata á Casa Branca, Joe Biden, afirmou este venres que terá unha "vitoria clara e contundente" e anunciou que xa se puxo a traballar para o país. "Aínda que esperamos os resultados finais, non imos agardar para empezar a traballar", agregou Biden nun breve discurso desde Wilington, Delaware, en que dixo recibir "un mandato para actuar". O demócrata sostivo que gañará os comicios porque "os números son claros (...) imos gañar esta carreira", dixo Biden.
Por outra banda, Donald Trump leva días denunciando sen probas unha presunta fraude nas eleccións, mentres que Biden afirmou que o "propósito da política" non debe ser unha "guerra implacable" que busque inflamar o conflito para resolver os problemas. "O seu voto contarase. Non me importa o moito que a xente tente detelo. Non deixarei que suceda. Escoitarase a xente", prometeu o demócrata.
Biden mantén 264 delegados, fronte aos 214 de Trump. Varios estados seguen con escrutinios rifados - Arizona, Nevada ou Xeorxia-, aínda que a clave para poñer fin ao longo cálculo é Pensilvania, que cos seus 20 votos electorais outorgaría de xeito automático a vitoria ao demócrata.
Segundo as últimas informacións, Biden lidera o escrutinio en Pensilvania co 99 % de votos escrutados por apenas catro décimas, 49,6 % a 49,2 %. Tamén foi quen de darlle a volta ao reconto en Xeorxia, estado no que agora avantaxa a Trump por apenas 4.020 votos, unha marxe moi axustada. Xeorxia asigna 16 delegados ao Colexio Electoral e, como os de Pensilvania, Trump necesítaos para facerse coa vitoria. En Nevada, Biden ao 49,8 % e Trump ao 48 %. En Arizona, a vantaxe que tiña Biden foi esmorecendo ata os 29.861 votos, 49,6 % a 48,7 %.
20.45 A OEA pide respectar o proceso electoral sen "especulacións sen base"
A misión de observación electoral da Organización de Estados Americanos (OEA) urxiu este venres a permitir que "se desenvolva o resto do proceso electoral" nos EUA e non emitir "especulacións daniñas ou sen base" sobre unha presunta fraude, en aparente alusión ao presidente Donald Trump.
No seu informe preliminar, a misión de observación da OEA asegurou ademais que non observara" directamente ningún tipo de irregularidade que poña en dúbida os resultados polo de agora".
20.30 Biden consolida a súa vantaxe en Pensilvania e Xeorxia
19.45 Trump aférrase á vía legal: "Nunca deixarei de loitar" pola reelección
O presidente dos EUA, Donald Trump, aférrase á vía legal para lograr a reelección a medida que se reducían as súas opcións de gañar, e volveu cuestionar sen probas "a integridade de todo o proceso electoral" no seu país. "Seguiremos neste proceso a través de todos os aspectos da lei (...). Nunca deixarei de loitar por vostedes e polo noso país", dixo Trump nun comunicado distribuído pola súa campaña
19.00 Biden lidera o escrutinio en catro estados clave, incluída Pensilvania
O candidato demócrata á Casa Branca, Joe Biden, lidera o escrutinio nos estados clave de Nevada, Arizona e Pensilvania, este último o premio máis cobizado das eleccións que podería entregarlle a Casa Branca, ademais de Xeorxia, onde haberá un reconto polo axustado dos resultados.
O liderado de Biden son malas noticias para Trump, que gañará con toda probabilidade en Alaska e encabeza o escrutinio en Carolina do Norte, pero necesita obrigatoriamente unha vitoria en Pensilvania, Nevada e Xeorxia para seguir tendo opcións de ocupar a Casa Branca durante outros catro anos.
Trump só podería permitirse perder algún deses estados se excede a Biden en Arizona, pero iso é menos probable, xa que o reconto nese estado segue favorecendo o que fora vicepresidente de Barack Obama (2009-2017).
17.00 O estado de Xeorxia anuncia que fará un reconto de votos
O estado de Xeorxia anunciou que haberá un reconto dos votos nese territorio ante o axustado dos resultados, nun momento no que o candidato demócrata Joe Biden lidera o cálculo por algo máis de mil sufraxios. "Cunha marxe tan estreita, haberá un reconto en Xeorxia", dixo nunha conferencia de prensa o secretario de Estado dese estado do sur, Brad Raffensperger.
14.50 Biden adianta a Trump en Pensilvania por máis de 5.000 votos segundo a última actualización
Son votos de Filadelfia, zona maioritariamente demócrata. Se mantén a vantaxe, xa superaría a barreira dos 270 e sería o novo presidente dos Estados Unidos.
12.15 Pensilvania, máis preto de volverse azul
Cunha marxe de 18.042 votos, Trump segue liderando o estado de Pensilvania. Con todo, calcúlase que quedan por contabilizar 200.000 votos, maioritariamente por correo. Prevese que este sexa fundamentalmente demócrata, igual que no resto de estados. Con Pensilvania, Biden sería presidente, independentemente do resto de estados.
10.30 Biden adianta a Donald Trump en Xeorxia e acariña a presidencia
Os votos por correo, fundamentalmente demócratas, recortaron a axustada diferenza de papeletas entre Biden e Trump. O reconto no condado de Clayton dá centos de votos que amplían as opcións do aspirante á presidencia, aínda que a diferenza é mínima. De momento, non está pechado.
8.00 Biden achégase á Casa Branca tras superar a Trump en Xeorxia e acurtar a vantaxe en Pensilvania
07.00 Investigan un suposto plan para atacar un centro de reconto en Pensilvania
A Policía de Filadelfia (Pensilvania) está investigando un suposto plan para atacar o Centro Estatal de Convencións no que se está levando a cabo o escrutinio nesa cidade. É o que din medios locais, que contan que a Policía recibiu hai só unhas horas un aviso sobre un grupo de persoas do estado de Virxinia que se trasladaran cara alí para perpetrar o ataque. Falan dun detido, sen aclarar máis.
6.00 Todas as miradas están postas arestora en Pensilvania
Donald Trump ve como a vantaxe que lle sacaba ao seu rival neste estado non deixa de minguar a cada hora que pasa e xa os separan apenas 3 décimas (49,5% fronte a 49,2%). Hai 20 delegados en xogo e, se Joe Biden se impón, será presidente; aínda que ao final non o faga en Arizona, onde moitos medios o seguen dando como o gañador pero onde o candidato republicano está recortando distancias (está a uns 46.000 votos). As autoridades estatais din que están "na recta final" do escrutinio.
05.00 Trump teima en falar de roubo ao ver como se reducen as súas opcións de gañar
Repetiuno o presidente na súa segunda comparecencia pública tras as eleccións, na que cuestionou de novo a integridade do proceso polo voto por correo: "Se contas os votos legais, gaño facilmente, se contas os ilegais, poden tratar de roubarnos os comicios”. E foi máis aló ao asegurar que o sistema electoral "é corrupto" e fai que a xente se corrompa. Con todo, amosouse convencido de que a vitoria será súa malia a que "haberá moitas demandas", chegando "quizais" ao Tribunal Supremo.
Catro das cinco grandes televisións do país -ABC, CBS, NBC e CNN- acusárono de facer afirmacións falsas e tres delas interromperon a comparecencia, que estaban dando en directo. Mesmo a conservadora Fox News, a canle de pago máis vista, aclarou que o mandatario non amosou nin unha soa proba das súas acusacións.
23.30 Nevada tardará ata a fin de semana en contar a maioría do voto restante
O estado clave de Nevada tardará ata polo menos a fin de semana en contar a maioría dos votos aínda non escrutados, que poderían resultar determinantes para coñecer quen será o próximo presidente dos Estados Unidos, indicaron as autoridades locais. Nun comunicado, a secretaria de Estado de Nevada, Barbara Cegavske, informou de que quedan aproximadamente 190.150 sufraxios por contar no estado, dos que o 90 % se concentran no condado de Clark, onde está As Vegas, de tendencia demócrata.
22.15 Biden insiste en que "cada papeleta debe ser contada"
O candidato demócrata á Casa Branca, Joe Biden, subliñou este xoves que "cada papeleta debe ser contada", mentres prosegue o escrutinio de votos en varios estados clave. "Esta é a vontade dos electores, ninguén nin nada máis elixe o presidente dos Estados Unidos de América, polo que cada papeleta debe ser contada", indicou Biden desde Wilmington (Delaware).
Biden volve facer un chamamento para que todas as papeletas sexan contadas e di ter boas sensacións: "Non temos ningunha dúbida de que cando o escrutinio acabe, a senadora Harris e eu seremos os gañadores" https://t.co/VFx766Spyz pic.twitter.com/krRORLa6B8
— G24 (@G24Noticias) November 5, 2020
20.30 Reconto agónico nos EUA no medio dunha chuvia de impugnacións
20.10 Trump perde a súa demanda para deter o escrutinio en Míchigan
A campaña de reelección fracasou no seu intento de que os tribunais detivesen o escrutinio en Míchigan, na que argumentaba que non tiña o acceso suficiente aos lugares de cómputo de votos. Esta é a segunda demanda que perdeu a campaña de Trump nos seus intentos de desafiar o escrutinio en varios estados crave, tras a derrota da súa querela en Xeorxia; aínda que o equipo do presidente si gañou a súa petición de ampliar o seu acceso aos lugares de escrutinio de votos en Pensilvania.
20.00 Así está o escrutinio:
PENSILVANIA
• Trump 50,3 %, Biden 48,5 %, unha diferenza de 115.000 votos.
• Quedan uns 600.000 votos, a maioría en zonas urbanas de maioría demócrata.
• Cando se saberán os resultados? As autoridades esperan terminar o escrutinio mañá, venres.
• Pensilvania reparte 20 votos, que serían suficientes para que Biden gañe as eleccións.
XEORXIA
• Trump 49,5 %, Biden 49,3 %, unha marxe de pouco máis de 12.000 votos.
• As autoridades calculan que quedan pouco máis de 50.000 votos por computar, a maioría da zona de Atlanta, abertamente demócrata.
• Espérase que Xeorxia faga públicos os seu resultados este mesmo xoves.
• Xeorxia ten 16 delegados no Colexio Electoral.
NEVADA
• Biden 49,5 %, Trump 48,5 %, menos de 12.000 votos de distancia
• Non hai datos exactos sobre cantos votos hai pendentes, as autoridades dixeron que polo menos 63.000, pero Nevada segue aceptando sufraxios por correo ata a semana que vén.
• Mañá, venres, ás 10:00 hora local (18:00 hora GMT) faranse públicos os resultados do cálculo de 51.000 votos, aínda que se seguen axustados haberá que esperar á fin de semana ou á semana que vén para coñecer os resultados definitivos.
• Nevada achega 6 delegados ao Colexio Electoral
CAROLINA DO NORTE
• Trump 50 %, Biden 48,6 %, uns 77.000 votos de marxe.
• A semana que vén saberanse os resultados. Carolina do Norte acepta ata o 12 de novembro as papeletas enviadas por correo postal
• Ten 15 compromisarios no Colexio Electoral.
ARIZONA
• Biden 50,5 %, Trump 48,1 %, uns 68.000 votos de diferenza.
• Quedan uns 400.000 votos por escrutar.
• Posiblemente este venres saberanse os resultados.
• Arizona ten 11 delegados no Colexio Electoral.
18.00 O escrutinio, preto de finalizar en Xeorxia pero aprázase en Pensilvania
O estado clave de Xeorxia espera rematar o reconto dos votos antes de que remate este xoves, mentres que en Pensilvania aprazouse o reconto dos votos nun condado clave ata o venres, o que borra calquera perspectiva de ter un resultado claro ao longo deste día.
Ademais, un xuíz de Xeorxia desestimou este xoves a demanda que a campaña do presidente Trump presentara unhas horas antes para impugnar o reconto nese estado clave, tradicionalmente republicano pero onde as cousas están moi axustadas.
A demanda pretendía localizar e invalidar calquera posible papeleta emitida despois das 19:00 hora local do martes pasado, data límite para votar nese estado, pero o maxistrado James Bass considerou que non había probas dabondo de que os votos rexistrados se contaran despois dese momento.
17.30 A campaña de reelección de Donald Trump anuncia a presentación dunha denuncia nos xulgados do estado de Nevada para deter o reconto de votos asegurando que se están a contar "votos ilegais". Nevada é un dos estados que aínda non completaron o escrutinio e que podería ser definitivo na elección do novo presidente dos Estados Unidos. Segundo as proxeccións dos medios estadounidenses, cun 86 % dos votos contabilizados, o demócrata Joe Biden avantaxa Trump en menos dun punto porcentual.
Trump anuncia nun chío que recorrerá por "fraude electoral e fraude electoral estatal" todos os estados nos que Biden se proclame vencedor. "GAÑAREMOS! America First!"
All of the recent Biden claimed States will be legally challenged by us for Voter Fraud and State Election Fraud. Plenty of proof - just check out the Media. WE WILL WIN! America First!
— Donald J. Trump (@realDonaldTrump) November 5, 2020
15:00 Partidarios de Trump e Biden protestan nas rúas mentres os recontos avanzan paseniño
Con certas reminiscencias ao 2002, seguidores do presidente presionan nos colexios para que se deteña a contabilización de votos. Entenden, como Trump, que eses votos chegan tarde e son unha "fraude electoral", algo radicalmente falso. Para eles, xa son gañadores.
Curiosamente, só erguen a voz naqueles estados en que o candidato republicano vai por detrás de Joe Biden. En estados como Pensilvania, Xeorxia ou Carolina do Norte, a vantaxe beneficia a Trump. Iso si, en redes, Trump segue alimentando a tensión e a dúbida sobre o proceso electoral.
STOP THE COUNT!
— Donald J. Trump (@realDonaldTrump) November 5, 2020
Pola súa banda, os simpatizantes demócratas presionan para que conten cada voto. Entre eles, o mesmo Joe Biden, que rexeitou adiantar acontecementos e proclamarse gañador, a diferenza de Trump. Biden pide rematar o escrutinio con normalidade.
Every vote must be counted. pic.twitter.com/kWLGRfeePK
— Joe Biden (@JoeBiden) November 5, 2020
11:30 Trump e Biden manteñen diferenzas mínimas nos estados decisivos
A atención segue centrada en Nevada, Pensilvania, Carolina do Norte e Xeorxia.
En Nevada, con seis compromisarios en xogo, que poderían ser suficientes para que Biden sexa presidente, o demócrata encabeza o escrutino por só 8.000 votos.
En Pensilvania, cun 89 % escrutado, a vantaxe de Trump é de 164.000 votos, pero agárdase que o escrutinio do voto por correo favoreza a Biden.
En Carolina do Norte, Trump avantaxa o seu rival en 77.000 votos, (50,1-48,7%), cando xa se completou o 95 % do escrutinio, pero a diferenza aínda é pequena para dalo como gañador.
En Xeorxia a vantaxe de Trump sobre Biden é duns 23.000 votos, co 95 % do escrutinio realizado. Hai 24 horas esa diferenza era de 100.000 sufraxios.
En Arizona, onde varias proxeccións lle dan a vitoria a Biden, a distancia entre os candidatos acurtouse.
11:00 Líderes republicanos desmárcanse de Trump e defenden o escrutinio
Líderes do Partido Republicano, entre eles os poderosos senadores Mitch McConnell e Marco Rubio, mantivéronse á marxe das acusacións de irregularidades do presidente dos EUA, Donald Trump, quen se declarou gañador da elección presidencial, e defenderon, en cambio, o escrutinio dos votos.
5:00 A OSCE alerta de que as acusacións de Trump fan dano ás institucións
Observadores da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE) nos comicios advirten de que "as acusacións infundadas de deficiencias sistemáticas, en particular por parte do presidente e mesmo na noite electoral, danan a confianza pública nas institucións democráticas". É o que di nun comunicado o xefe da misión, Michael Georg Link, que engade que "asegurarse de que se conte cada voto é unha obriga fundamental para todos os poderes do Goberno".
Tamén a xefa da delegación da Asemblea Parlamentaria da OSCE, Kari Henriksen, amosa a súa preocupación "polos intentos de restrinxir o reconto dos votos emitidos legalmente" nun contexto de pandemia e ante un aumento da votación por correo.
23:15 Trump autoproclámase vencedor en catro estados clave
O presidente estadounidense autoproclámase gañador en Pensilvania, Xeorxia, Carolina do Norte e Míchigan, algo falso, posto que o escrutinio aínda continúa neses estados e espérase que o último vaia parar a Joe Biden. Nun chío, Trump declarou o seu presunto triunfo neses catro estados, mentres Biden se achega ao limiar de 270 delegados necesarios para lograr a presidencia e a campaña do mandatario tentaba parar o reconto en Míchigan e Pensilvania.
We have claimed, for Electoral Vote purposes, the Commonwealth of Pennsylvania (which won’t allow legal observers) the State of Georgia, and the State of North Carolina, each one of which has a BIG Trump lead. Additionally, we hereby claim the State of Michigan if, in fact,.....
— Donald J. Trump (@realDonaldTrump) November 4, 2020
22:45 Biden tamén gaña Míchigan e achégase á Casa Branca (Biden 264 - 214 Trump)
O candidato demócrata á Casa Branca, Joe Biden, gaña no estado clave de Míchigan, co que aumenta a súa vantaxe con Trump. Tras sumar os 16 delegados deste estado, Biden queda a seis delegados da presidencia.
EN DIRECTO | Biden tamén gaña Míchigan. Con 264 delegados, está ás portas da Casa Branca, a só seis delegados dos 270 necesarios https://t.co/63p2b3yub1 pic.twitter.com/6JriMv6bFs
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
22:25 "Ninguén nos vai quitar a democracia, nin agora nin nunca", dixo Biden. "Cremos que seremos os gañadores"
"Ninguén nos vai quitar a democracia, nin agora nin nunca", di Joe Biden. "Cremos que seremos os gañadores cando acabe o reconto" https://t.co/XM75yRmxwd pic.twitter.com/tONsIKgwM1
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
O candidato demócrata á Casa Branca, Joe Biden, afirmou este mércores que ninguén lle quitará a democracia aos estadounidenses, mentres o reconto de votos avanza nas eleccións, nunha intervención do Chase Center de Wilmington (Delaware).
22:00 A campaña de Trump prognostica que o venres poderá proclamar a vitoria
A campaña de Trump prognosticou este mércores que para o venres poderá proclamar unha vitoria nas eleccións do mandatario, a pesar de que presentou demandas en dous estados e esixiu un reconto noutro. "Para finais desta semana, quedará claro a todo este país que o presidente Trump e o vicepresidente (Mike) Pence serán reelixidos durante outros catro anos", dixo Jason Miller, asesor da campaña de Trump, durante unha conversa con xornalistas na que non admitiu preguntas.
EN DIRECTO | A campaña de Trump prognostica que para o venres poderá proclamar a vitoria malia cuestionar os resultados en tres estados. De feito, acaba de anunciar "accións legais críticas" en Pensilvania https://t.co/Raea5YwpXC pic.twitter.com/5aZdkvUSId
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
21:45 A campaña de Trump anuncia "accións legais críticas" en Pensilvania
A campaña de reelección do presidente estadounidense"acciones legais críticas" na estado clave de Pensilvania, onde os republicanos cuestionaron que se consideren válidos os votos por correo que se reciban nos tres días posteriores ao día da elección. "Están a suceder cousas malas en Pensilvania. Os demócratas están a planear privar do dereito a voto e diluír os votos republicanos", sinalou nun comunicado a campaña de Trump, que xa pediu nesta xornada un reconto de votos en Wisconsin e que deteña o escrutinio en Míchigan.
20:30 Biden gana en Wisconsin e aumenta a súa vatanxe sobre Trump. Cos dez delegados que outorga Wisconsin: Biden 248 - 213 Trump
EN DIRECTO | Biden gaña en Wisconsin e aumenta a súa vantaxe sobre Trump (Biden 248 - 213 Trump) | CRTVG https://t.co/YqBFd2RQYI pic.twitter.com/3tLNgkNsqJ
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
20:20 A campaña de Trump esixe a un tribunal que deteña o reconto en Míchigan. Presentou este mércores unha demanda ante un tribunal de Míchigan para esixir que se deteña o reconto nese estado, por considerar que non se lle deu o acceso suficiente a lugares de votación.
ELECCIÓNS NOS EUA |
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
A campaña de Trump presentou este mércores unha demanda ante un tribunal de Míchigan para esixir que se deteña o reconto nese estado. Considera que non se lle deu o acceso suficiente a lugares de votación. https://t.co/6M28QmRC0g pic.twitter.com/gZZuHIxZHS
19:00 A campaña de Trump pide un reconto no estado clave de Wisconsin. A campaña de reelección do presidente estadounidense anunciou este mércores que pedirá un reconto no estado clave de Wisconsin, onde se contaron case todos os votos e os resultados parecen inclinarse a favor do seu rival, o demócrata Joe Biden.
ELECCIÓNS NOS EUA I
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
A Casa Branca, sen dono
Trump denuncia fraude electoral e esixe parar o reconto; Biden acúsao de querer invalidar votos.
Ningún dos candidatos alcanza os 270 delegados.
https://t.co/KdxNE2pNbs pic.twitter.com/Hoe8Ji46KC
17:40 O reconto segue. No mapa pódese ver a evolución dos estados que aínda non finalizaron o escrutinio.
17:10 Biden gaña posibilidades ao coller a dianteira en Míchigan. Co 90 por cento dos votos escrutados o demócrata consegue o 49,3 %, fronte ao 49,1 de Trump.
Se o demócrata suma todos os estados nos que agora mesmo vai en cabeza (Arizona, Nevada, Wisconsin, Míchigan e Maine), alcanzaría 271 delegados e podería ser presidente.
16:30 Cinco estados decidirán o resultado. Agora mesmo son os que faltan por contar os votos.
12:30 Os republicanos resisten no Congreso. No Senado hai un empate a 47, con seis escanos por asingnar, pero con poucas posibilidades para os demócratas. Na Cámara de Representantes, os demócratas manterán a maioría pero cunha vantaxe máis reducida.
9:00 Biden arrebata o estado clave de Arizona a Trump, con once delegados (Biden 236 - Trump 213.
8:25 O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, declarou este mércores que gañou as eleccións a pesar de que continúa o reconto en varios estados clave, e asegurou que recorrerá ao Tribunal Supremo para denunciar unha presunta "fraude" na súa contra. "Esta é unha fraude ao pobo estadounidense (...). Gañamos estas eleccións", afirmou Trump desde a Casa Branca.
Donald Trump denuncia "fraude" dende a Casa Branca. Paralizará o reconto de votos para denunciar o proceso no Supremo. E declárase gañador das eleccións. https://t.co/NtumsHA2TS pic.twitter.com/WLpDJ5iW3o
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
7:38
Os medios estadounidenses danlle a Biden entre 220 e 238 votos fronte aos 210-213 de Trump. Para gañar son necesarios 270. Hai que seguir esperando polos resultados definitivos de varios estados clave.
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
https://t.co/LcXFR3bfji pic.twitter.com/N1l8yeBvRK
7:30 Trump gaña o estado clave de Texas (Biden 224 - 213 Trump)
7:15
Iowa e Montana son vermellos. Trump continúa reducindo a súa marxe con Joe Biden, segundo as estimacións de FOX.
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
Os ollos seguen postos nos estados do Rust Belt, Míchigan e Wisconsin, e Pensilvania, que podería ser decisivo.
Seguimos informando en: https://t.co/NGzJVOlOYD pic.twitter.com/9ka1IZ1bGj
7:05 A balanza está pendente de inclinarse a un ou outro lado dependendo dos resultados nalgúns dos estados máis comprometidos, como Wisconsin, Míchigan ou Pensilvania, en que Trump parece tomar vantaxe, pero nalgúns deles non se espera un desenlace inmediato.
7:00 Pechan os colexios electorais en Alaska. O peche das últimas urnas nas Illas Aleutianas de Alaska puxo fin á xornada electoral nos Estados Unidos, nuns comicios moi rifados en que os resultados definitivos poderían tardar días en coñecerse.
7:00 Míchigan, un estado clave, prevé ofrecer os resultados "nas vindeiras 24 horas".
6:55 Trump suma os 29 delegados do estado clave da Florida, así como os 6 de Iowa e os 3 de Montana (Biden 223, Trump 175).
6:50 Trump: "Non permitiremos que nos rouben estas eleccións". O presidente dos Estados Unidos acusou este mércores a oposición demócrata de "tentar roubar" as eleccións, e describiu os resultados provisionais como unha "gran vitoria" que podería levar á súa reelección.
Trump anuncia unha comparecencia pero anticipa en Twitter: "Non permitiremos que nos rouben estas eleccións". https://t.co/nP9zokOJmj
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
6:49 Trump gaña na Florida. O presidente dos Estados Unidos foi o candidato máis votado na Florida, un dos estados que precisaba imperiosamente para ser o vencedor das eleccións.
6:43 Comparece o candidato democráta: Biden: "Imos no bo camiño para gañar as eleccións". O candidato demócrata á presidencia pediu "manter a fe" e mostrouse "optimista", a pesar de que os resultados pouco despois da medianoite non deixan claro se se impoñerá a Donald Trump. Nun encontro con simpatizantes no exterior do Chase Center de Wilmington (Delaware), sinalou que é optimista acerca de gañar Wisconsin e Míchigan, aínda que "pode levar tempo" declarar a súa vitoria, sobre todo, polos atrasos en Pensilvania.
O candidato demócrata, Joe Biden, vese gañador, pero aínda haberá que esperar a que termine o reconto, o que pode ser cuestión de horas ou días.
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
https://t.co/SwGSNzsnQ4 pic.twitter.com/zzsyrpCIRZ
6:30
Axústase a carreira pola presidencia. Ohio e Texas caen finalmente en mans de Trump e Biden gaña, como estaba previsto, Hawai. Así quedaría o mapa dos Estados Unidos polo de agora. A atención, en Xeorxia, Míchigan e Wisconsin.
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
Sigue o minuto a minuto aquí https://t.co/NGzJVOlOYD pic.twitter.com/Hrj5qH3cbf
6:25 Biden fíxose cos 4 delegados de Hawai e os 10 de Minesota (Biden 223 -Trump 137)
6:15 Trump gaña o estado clave de Ohio (Biden 209 - 137 Trump)
6:00 Pechan as urnas en Hawai e xa só seguen abertas algunhas en Alaska
ÚLTIMA HORA | Fox atribúelle Ohio e Texas a Trump, que superaría tamén a barreira dos 200 votos. A presidencia, en mans de varios estados clave que se seguen recontando.
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
https://t.co/DkwZzp5kTl pic.twitter.com/wPrTIfALP7
5:40
Arizona sería para Biden, segundo a Fox. Tras o reconto na costa oeste, o demócrata supera a Trump en voto popular, pero a presidencia segue no aire.
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
https://t.co/U09oEVWU83 pic.twitter.com/U9mXWR1d0M
5:20 Biden gaña en toda a costa oeste. O candidato demócrata á Casa Branca logrou California, o máis poboado dos Estados Unidos, ademais de Oregón e Washington, a totalidade da costa oeste, segundo as proxeccións dos principais medios estadounidenses. As canles CNN e Fox News proxectaron estes tres estados que son bastións demócratas, mentres que The New York Times e Fox News dálle Idaho ao presidente, Donald Trump. (Biden 209 - 119 Trump)
ÚLTIMA HORA | Biden supera os 200 votos e colle máis vantaxe grazas ás súas vitorias previsibles na costa oeste (California, Oregón, Washington...). Con todo, Trump segue en cabeza en estados clave aínda en dúbida. Así están as cousas segundo o NY Times: https://t.co/AMEn8LTXuX pic.twitter.com/QBjNl5QXSC
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
5:15
Trump gaña na Florida e obtén 29 votos electorais moi valiosos, cos que se achega a Biden. Fox News dá estas cifras. https://t.co/R8fpvB1nH0 pic.twitter.com/rT1yySXC9o
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
5:10 Trump suma os 10 delegados de Misuri e os 6 de Utah, mentres que Biden logrou os 4 de New Hampshire, considerado como un dos estados clave. (Trump 115 - Biden 135)
New Hampshire iría para Biden, Utah para Trump... Así están as cousas, segundo as proxeccións de Fox News. https://t.co/eBfMRik8UH pic.twitter.com/G0gi8esx9z
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
5:05
A CNN tamén lle dá vantaxe a Biden sobre Trump, pero se o republicano mantén a vantaxe nos estados onde vai en cabeza no escrutinio acabaría gañando as eleccións. Con todo, aínda é cedo para proclamar gañador. https://t.co/VvGZKP1sCa pic.twitter.com/tMDqBBskID
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
New Hampshire iría para Biden, Utah para Trump... Así están as cousas segundo as proxeccións de Fox News. https://t.co/eBfMRik8UH pic.twitter.com/G0gi8esx9z
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
5:00 Pechan os colexios electorais na costa oeste. A xornada electoral chega practicamente á súa fin co peche dos colexios electorais nos estados de California, Oregón, Washington e Idaho, de maneira que as votacións xa terminaron en 48 dos 50 estados do país. Xa só seguen as votacións en Alaska e o arquipélago de Hawai.
4:55 Uns 275.000 votos anticipados non entrarán no reconto hoxe en Pensilvania. Só 75.000 dos 350.000 votos recibidos por correo na estado clave de Pensilvania serán reportados este martes no cálculo final para as eleccións, co que se as marxes son apertadas será moi difícil adiantar esta noite quen logra os 20 votos electorais do estado.
A comisaria da cidade de Filadelfia, Lisa Deeley, dixo esta noite en conferencia de prensa ao peche dos colexios electorais que 275.000 votos recibidos por anticipado non aparecerán no cómputo final nas eleccións ata mañá mércores ou posiblemente ao longo de semana.
4:40 Os demócratas manterían o control da cámara baixa. A oposición demócrata conquistará os escanos precisos para manter o control da Cámara de Representantes durante os vindeiros dous anos, segundo as proxeccións de NBC News e Fox News.
Nestas eleccións renóvase 435 escanos da cámara baixa, que desde xaneiro de 2018 está controlada polos demócratas, que teñen 232 asentos fronte aos 197 dos republicanos
A oposición demócrata conquistará os escanos precisos para manter o control da Cámara de Representantes durante os vindeiros dous anos, segundo as proxeccións de NBC News e Fox News. https://t.co/FGpv5Q9tof pic.twitter.com/TG5DI74lCV
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
4:35 Biden sumou os 14 delegados de Novo México e Colorado; mentres que Trump levou os 6 de Kansas e 4 dos 5 de Nebraska (falta por adxudicar o delegado do segundo distrito)
Trump continúa por detrás, aínda que recortando a marxe con Biden. As proxeccións outórganlles Colorado e Novo México aos demócratas, e Kansas e 4 dos 5 delegados de Nebraska aos republicanos. O mapa dos EUA quedaría así.
— G24 (@G24Noticias) November 4, 2020
Sigue o minuto a minuto aquí https://t.co/uMpKVBJjB3 pic.twitter.com/irT34pefo0
3:45 As proxeccións outórganlles Colorado aos demócratas e Nebraska aos republicanos. Así, Biden mantén a súa vantanxe sobre Trump (126-93)
3:35
3:30
3:15 Biden retén os 29 delegados de Nova York e Trump gaña outros cinco estados. Trump sumou os 23 delegados de Arkansas, Dakota do Norte, Dakota do Sur, Wyoming e Luisiana. (Trump 89 - Biden 117)
3:00 Pechan os colexios electorais en 40 estados dos Estados Unidos. Entre eles, oito territorios clave: A Florida, Xeorxia, Carolina do Norte, Ohio, Pensilvania, Míchigan, Wisconsin e Arizona. Ás 21:00 horas da costa leste pecharon todas as urnas en 14 estados máis, o que deixa apenas oito territorios da costa oeste, e mais Alaska e Hawai, por contar.
2:25 Rhode Island e o Distrito de Columbia caen no poder dos demócratas (Biden 88 - Trump 66)
2:15
2:10 O candidato demócrata á Casa Branca, Joe Biden, gañou este martes as eleccións nos estados de Massachusetts, Nova Jersey, Connecticut, Delaware, Maryland e Illinois, mentres que o presidente, Donald Trump, fíxose con Oklahoma, Carolina do Sur, Alabama, Misisipi e Tennessee, segundo as proxeccións dos grandes medios estadounidenses. Con estes estados Biden adianta a Trump no reconto con 84 compromisarios no Colexio Electoral fronte a 66 no seu obxectivo de chegar aos 270 que dan a vitoria.
1:55 Trump avantaxa o seu rival demócrata, Joe Biden, por 24 compromisarios a 16 no Colexio Electoral. Trump sumou outros 5 delegados de Virxinia Occidental, mentres que Biden os 13 de Virxinia.
1:30 Once estados pechan parte ou a totalidade dos seus colexios electorais, incluídos case todos os de catro estados clave: A Florida, Xeorxia, Carolina do Norte e Ohio. Ás 19:30 horas da costa leste, pecharon as urnas en todo Ohio, Carolina do Norte e Virxinia Occidental, ademais dalgúns colexios máis en Florida e Novo Hampshire. Media hora antes pecharan os primeiros colexios electorais en Florida e Novo Hampshire, ademas da totalidade dos centros de votación situados noutros catro estados: Vermont, Virxinia, Carolina do Sur e Xeorxia.
1:00 Trump gaña en Indiana e Kentucky e Biden en Vermont, segundo algúns grandes medios estadounidenses. Trump logra así os 11 delegados de Indiana e os 8 de Kentucky, mentres que Biden os 3 de Vermont no seu obxectivo de alcanzar os 270 compromisarios que abre a chave da Casa Branca.
1:00 Oito estados pecharon parte ou a totalidade dos seus colexios electorais, entre eles algúns territorios clave: A Florida, Xeorxia, Vermont, Virxinia, Carolina do Sur.
00:00 Pechan os colexios electorais de Kentucky e Indiana.