CRTVG

Buscar

O Celta esperta tarde e cae eliminado da Copa en Ibiza (5-2)

Publicado o 05/01/2021 18:50

O plan B non funcionou na primeira hora de partido e a reacción final non chegou para forzar a prórroga

O Celta chegou 70 minutos tarde á eliminatoria de Copa e o Eivissa deixouno fóra da competición cun contundente 5-2 que encarrilou co 3-0 do primeiro tempo. Os celestes, neste caso os ibicencos, puxeron contra as cordas ó Celta: Ós 12 minutos Sergio Castel bate a Iván Villar cun remate de cabeza.

Non era o Celta das últimas semanas: Eduardo Coudet cambiou o sistema, gardou titulares e puxo a catro canteiráns. Tivo unha ocasión aillada o Celta, un disparo afastado de Beltrçan..pero ós 25 minutos chegou o segundo, outro tanto de Sergio Castel.

A zaga viguesa estaba completamente superada, sufriron especialmente Aidoo e Fontán, tamén o debutante Aaron Martín O equipo estaba perdido e axiña caeu o terceiro do Eivissa, unha semivolea de Javier Pérez.

No descanso non houbo trocos e seguiu o dominio do Eivissa, que se materializou cun penalti claro de Fontán. Manu Molina, ex do FAbril, lanzou ó panenka e marcou o cuarto. Minuto 62. Cando Coudet moveu o equipo, retirou de vez a Okay, Beltrán, Emre Mor e Baeza. Entraron Denis Suarez, Santi Mina, Brais Mendez e o filial Alfon. Entón apareceu o Celta... chegou o gol de Santi Mina, asistido por Denis Suarez, o 4-1. min 78 

Posteriormente Brais Mendez rematou ó pau..... e o gol que abría a eliminatoria saiu dos pes do xogador do filial Jordan Holsgrove, que marcou cunha impresionante volea. o 4-2.Xogábase o minuto 86 e co Celta botado contra a portería local, nunha das chegadas Santi Mina cobrou un penalti. Minuto 90. Era a oportunidade de poñerse a un gol de empatar a eliminatoria. coa prolongación por diante pero Germán detivo o lanzamento.

Quen aproveitou o tempo extra foi o Eivissa que marcou o quinto nunha contra. Iván Villar rexeitou de primeiras pero Angel Rodado completou a goleada para goce dos mil cincocentos afeccionados presentes. Acabou a Copa para o Celta. O venres volve a liga a Balaídos co Vilarreal, tras unha eliminación avultada ante un Segunda B, cunha pésima imaxe maquillada nos ultimos vinte minutos. Un partido para sacar conclusións.