CRTVG

Buscar

Dura derrota do Coruxo ante o Mirandés na prórroga (4-5)

Publicado o 17/12/2019 18:49

Tamén era a cita copeira do Coruxo, que caeu na prórroga ante o Mirandés de Segunda. O partido chegou a ser 'Trending Topic' nacional por isto que acontecía no minuto 92. Balón en longo do Mirandés, disputa na área e o colexiado interpreta penalti. O Coruxo ía gañando 4 a 3. Os xogadores non o podían crer. O Mirandés empataba na pena máxima. Pouco despois, nesta acción o árbitro castigaba esta falta sen demasiada transcendencia con vermello directo e no momento deixaba o quipo con 9 polas protestas. Na prórroga o Mirandés impoñíase contra 9 xogadores. En apenas tres días o colexiado López Toca pasou á historia do fútbol. Primeiro, para ben, por suspender o Raio-Albacete. E hoxe, para mal, por protagonizar unha das actuacións máis desafortunadas que se recordan. Parabéns ao Coruxo por dar a cara.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí