CRTVG

Buscar

Os veciños de Corcubión están pechados en seis quilómetros cadrados

Publicado o 24/02/2021 15:22

"Lévoo mal, pero hai que aguantar". "Nunca pensei chegar a isto, nunca". "A xente xa está cansa e fatigada de esta situación". "Porque cada vez que pensamos que estamos mellor, estrágase outra vez o barco", comentan algúns veciños.

Resignación é a palabra que define o sentir dos veciños de Corcubión pero tamén sorpresa.

"Tendo en conta que en Corcubión sempre estivemos sen caso ningún, podía haber un, dos, puntuais nada máis, pois que pasaramos de repente ao revés de todo o mundo, pois colleunos de sorpresa", fala Sagrario Canosa que rexenta unha carnicería.

Con tan só 6 quilómetros cadrados, os veciños de Corcubión percorren os límites do seu concello en apenas unha hora. Fina ten moi claras as fronteiras.

"Si que sabemos, nós de aí do Pino, non podemos pasar". 

"De punta a punta, pois talvez unha horiña camiñando suave, si", apunta Alfredo, un veciño que rexenta un quiosco

Aínda que dispoñen de servizos esenciais comercialmente dependen moito de Cee no seu día a día.

"A mobilidade dentro da comarca é fundamental porque temos servizos compartidos", afirma Alfredo

"Isto mátanos a todos, mátanos porque tanto Cee coma nós dá igual que os pechen a eles ou a nós, estámolo a sufrir moitísimo, moitísimo", comenta Sagrario Canosa dende a súa carnicería.

Aquí, que viven tanto do turismo, teñen a esperanza de recuperar pronto as súas vidas e tamén a súa economía.

 

 

 

Noticias web

24/02/2021