CRTVG

Buscar

En Común-Unidas Podemos pide neutralizar un pacto entre o PSOE e C's

Publicado o 23/04/2019 21:13

Os candidatos galegos de En Común-Unidas Podemos participan esta tarde nun mitin en Santiago acompañados polo eurodeputado Ernest Urtasun. Un acto en que insistiron en que só con eles no goberno se poden defender os dereitos sociais, e advertiron de que un pacto entre o PSOE e Ciudadanos suporía políticas de dereitas na próxima lexislatura. Aseguran que foron eles os que marcaron a axenda do goberno nos últimos dez meses.

Noticias web

23/04/2019