CRTVG

Buscar

En Común Unidas Podemos chama á mobilización da esquerda para conseguir progresos sociais

Publicado o 01/11/2019 00:46

En Común Unidas Podemos abriu campaña na Coruña. Fixérono convencidos de manter eses dous deputados que conseguiron nas pasadas eleccións xerais, un pola provincia de Pontevdra e outro pola da Coruña. Antón Gómez-Reino asegurou que foi unha irresponsabilidade de Sánchez o desenvolvemento destas eleccións e Yolanda Díaz chamou á mobilización do electorado de esquerdas para conseguir "progresos sociais". En Madrid, Irene Montero fixo un chamamento a manter o voto en Unidas Podemos para que despois de catro eleccións xerais cheguen os cambios que España necesita. A candidata advertiulle ao bipartidismo de que non se van render.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/11/2019