CRTVG

Buscar

En Común-Unidas Podemos acusa os socialistas de mentir na promesa de traer carga de traballo a Navantia

Publicado o 07/11/2019 15:09

No acto de campaña de hoxe de En Común-Unidas Podemos, os candidatos por Pontevedra e A Coruña acompañaron os traballadores de Navantia na manifestación que organizaron polas rúas de Ferrol.

Yolanda Díaz acusou os socialistas de mentir na súa promesa de traer máis carga de traballo a Navantia. Pediu ter a forza suficiente para cumprir, dixo, coas demandas dos traballadores.

En Bilbao, o líder de Unidas Podemos pediulles o voto, tamén aos socialistas decepcionados co presidente do Goberno en funcións. Dixo Iglesias que só un Unidas Podemos forte pode evitar a viraxe de Sánchez ao centro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019