CRTVG

Buscar

En Común responsabiliza a Sánchez de que o PP volva ser a primeira forza en Galicia

Publicado o 11/11/2019 15:26

En Común Unidas Podemos baixa en Galicia máis de 50.000 votos. Unha caída que atribúen á entrada da candidatura de Más País. Os dous deputados que conseguiron representación no Congreso Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz acusan a Pedro Sánchez de ser o responsable de que o PP volva ser a primeira forza en Galicia.

Yolanda Díaz, En Común-Unidas Podemos: "Volveu entregarlle Galicia ao PP, e non é cousa menor, e mesmo como xa sabiamos e o viñamos dicindo ao longo da campaña e antes, pois a perda da maioría absoluta do Senado, que somos conscientes, sodes conscientes, de que é clave para sacar adiante varias cuestións".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019