En Común pecha campaña na Coruña e Pablo Iglesias en Madrid
Publicado o 26/04/2019 21:31
Os candidatos de En Común-Unidas Podemos pediron a mobilización cidadá este domingo para frear un posible goberno de dereitas. Insistiron en que só se eles teñen a forza suficiente, impedirán que o PSOE pacte con Ciudadanos e apostan por defender os dereitos sociais.
Unidas Podemos pecha campaña en Madrid. Aquí, o candidato á Presidencia do Goberno por Unidas Podemos está a facer un chamamento a todos aqueles que cren na xustiza social para que o domingo non queden na casa. Escoitamos a Pablo Iglesias.