CRTVG

Buscar

En Común non teme a división do voto pola ruptura con En Marea

Publicado o 25/03/2019 21:05

A coalición En Común-Unidas Podemos presenta os seus cabezas de lista para as eleccións xerais. Defenden un proxecto propio para Galicia e un programa centrado no feminismo, a ecoloxía e o pacifismo, co que aspiran a obter un bo resultado.

"As enquisas están dando deputados a este espazo político, pero menos dos que aspiramos. Aspiramos a representar as catro provincias do país", dixo Gómez-Reino.

En Común non cre que a ruptura con En Marea e o cambio de nome divida o voto e lles pase factura. Poñen en valor o seu traballo no Congreso .

"A xente sabe a quen ten que votar e non sigamos tratando a cidadanía coma se fose parva, porque non o é. Sabe diferenciar as propostas políticas e como nos chamamos en cada un dos lugares", afirmou Yolanda Díaz.

Néganse a contestar as críticas do voceiro de En Marea: "En Común non vai pronunciar unha palabra do pasado de agora en diante. Aos compañeiros que concorren noutras candidaturas desexámoslles moita sorte".

Yolanda Díaz encabeza a candidatura ao Congreso por Pontevedra e Gómez-Reino pola Coruña. Ledicia Piñeiro é a número un por Ourense e Vanesa Somoza a primeira da lista de En Común-Unidas Podemos por Lugo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2019