CRTVG

Buscar

En catorce días o Celta afronta catro partidos de liga no regreso da primeira división

Publicado o 12/10/2021 22:14

Foi suplente nas tres últimas xornadas de Liga, unha situación atípica para Denis Suárez porque a temporada pasada só unha vez non iniciou como titular. Coudet considera que Denis é o compás do equipo. E aínda hoxe pídelle presenza, moita presenza no xogo.

Chantemos o calendario que lle queda en outubro ao Celta. Catro partidos nuns 15 días. Este domingo chega o Sevilla a Balaídos. E para a última semana do mes: o luns Xetafe-Celta, o xoves Celta-Real Sociedade e pecha en Vallecas o Raio-Celta.

Esa fileira de partidos abre co Sevilla, o equipo menos goleado da Liga pero que perdeu en Granada na última xornada. Ir polo partido e minimizar os erros defensivos, porque foi un a temporada pasada o que sentenciou a vitoria andaluza en Balaídos

Noticias web

12/10/2021