CRTVG

Buscar

En Castro Caldelas crían porcos celtas baixos en graxa

Publicado o 29/09/2017 21:30

Criar porcos celtas de pura raza, pero coa metade de graxa. Ese foi o reto que se propuxo hai dous anos unha familia de gandeiros en Castro Caldelas. Ademais de comercializalos, tamén se pode seguir a súa crianza e apadriñar algún destes animais.

Foron as raíces galegas de Manuel as que os trouxeron a Castro Caldelas dende Cataluña. Aquí querían facer realidade unha idea coa que levaban anos teimando: a cría de porco celta, pero cun cincuenta por cento menos de graxa. Viven ao aire libre, teñen unha alimentación equilibrada e chegan aos 150 quilos de peso.

Crían nos montes de Castro Caldelas 125 porcos celtas, que terán en breve diferentes destinos, non só en Galicia, senón tamén no resto de España. Danlles ademais aos clientes a oportunidade de apadriñalos. Son os padriños e madriñas os que escollen o seu nome, ademais de recibir fotos dos animais durante os oito meses que dura a súa crianza. 

O porco celta deixou de criarse en Galicia aló pola década dos cincuenta. Tardaba demasiado en medrar e axiña foi substituído polo porco branco. Agora iniciativas coma esta queren devolverlle a este animal a súa sona, e facelo chegar a cantos máis recunchos sexa posible.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/09/2017