É importante saber envorcar e informar da ruta de navegación
As persoas principiantes adoitan comezar cun kaiak auto-baleirable. Para estes casos, as recomendacións son máis restrictivas. Jaime Corral, responsable de Nordés Kayak, explica a importancia de saber nadar, levar o chaleco posto e non confiarse e afastarse da praia.
As persoas con máis experiencia optan polo kaiak de mar, máis técnico. Nestes casos, as recomendacións son doutro nivel. Estudar o terreo, saber onde estás; a meteoroloxía, as condicións idóneas para sair e chegar; e o equipo que estea en consonancia co día. Non é o mesmo un día de calor ca un día de frío", asegura.
Tamén é importante saber envorcar. Perderlle o medo e coñecer as manobras básicas para poder recobrar o equilibrio e continuar. Do mesmo xeito, recoméndase informar do plan de navegación e levar un teléfono móbil por se xurde calquera incidencia.