CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

En "Buscadores de naufraxios" veremos os restos dun vapor inglés afundido na Costa da Morte

Publicado o 30/09/2018 14:59

Esta noite a Televisión de Galicia vai dar a coñecer os restos dun vapor inglés de luxo afundido na Costa da Morte. No naufraxio do Solways, ocorrido a mediados do século XIX, morreron mais dunha trintena de pasaxeiros, ademais do capitán do barco. Esta noite no programa "Buscadores de naufraxios" poderemos acompañar os mergulladores entre áncoras, caldeiras e tubaxes. E veremos ata a vaixela que levaban.

Entre Caión e Malpica nunha zona coñecida como os baixos de Baldaio
repousa dende o ano 1843 un vapor de luxo, o Solways.

Procedente de Inglaterra despois de facer escala na Coruña ía cruzar o Atlántico con 133 pasaxeiros a bordo pero non puido saír destas augas.



O programa Buscadores de naufraxios mergúllanos ata os restos do Solways
descubertos por varios veciños da zona. E veremos a proba que confirmou
a identidade do barco: os pratos co nome da compañía propietaria.


Os implicados nesta descuberta reconstruirán esta noite a historia do naufraxio. Un relato sorprendente que saca a flote o patrimonio
mergullado na Costa da Morte.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí