CRTVG

Buscar

Moda macabra en Bos Aires: ata 3.000 ameazas falsas de bomba nos institutos en só un mes

Publicado o 22/01/2018 15:08

E na Arxentina, unha macabra moda marcou o curso escolar de milleiros de alumnos: só nun mes chegáronse a rexistrar máis de 3.000 ameazas falsas de bomba nos colexios de Bos Aires. Un delito de intimidación pública realizado na súa maioría polos propios estudantes para perder clase, pero que lle fai perder ao Estado uns 1.200 euros en cada operativo. 

Aquí na Arxentina as intimidacións a colexios están á orde do día, de feito triplicáronse nos últimos anos porque acceder a un teléfono prepago totalmente anónimo é moi sinxelo no país, o que favorece a impunidade. As consecuencias son perdas económicas millonarias para o Estado cada vez que se activa o protocolo antibomba, xornadas lectivas irrecuperables e caos nas rúas por mor dunha broma realizada na maioría dos casos polos propios alumnos dos centros.

Todo comeza cunha sinxela chamada a Emerxencias. 

Inmediatamente as forzas de seguridade arxentinas inician o protocolo de evacuación e rexistro do colexio.  A maioría das ameazas de bomba remata sendo falsas, pero igualmente supoñen un importante investimento de recursos e o problema cada vez vai a peor.  A provincia de Bos Aires é a zona máis afectada por esta moda macabra xa que chegou a rexistrar máis de 3.000 intimidacións a escolas nun mes. 

Na xustiza, os poucos expedientes que logran resolverse rematan cunha multa e tarefas comunitarias.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2018