CRTVG

Buscar

En Baños de Molgas xa funciona a residencia para acoller os maiores do sur

Publicado o 25/03/2020 15:10

Este antigo colexio dos Milagres transformado en residencia para atención de discapacitados tiña previsto abrir as súas portas ao longo deste ano. A crise provocada polo coronavirus fixo que a Administración autonómica o acondicionara en apenas 48 horas para acoller aqueles usuarios dos xeriátricos que deran positivo. Non se traladarán todos, dependerá da situacíon do centro no que estean ingresados, se teñen espazo suficiente para o seu illamento e persoal médico dabondo que garanta unha boa atención permaneceran nas residencia. Os primeiros usuarios que xa están a ser atendidos aquí, neste centro integrado, son 11 maiores procedentes da residencia San Carlos, de Celanova.

Ildefonso de la Campa, director xeral de Maiores da Xunta de Galicia

Esta residencia de Baños de Molgas conta con 93 prazas. Aquí concéntrase á atención a aqueles maiores procedentes de xeriátricos da provincia de Ourense e da de Pontevedra que precisen un coidado máis medicalizado.

Noticias web

25/03/2020