CRTVG

Buscar

En 2016 volverá a selección galega de fútbol

Publicado o 23/12/2015 14:37

Hai xestións para que ese partido se celebre antes da Eurocopa de Francia

Seguro que se lembran da petición de Iago Aspas e de Lucas Pérez. Os dous queren xogar coa selección galega.

Lucas Pérez leva 12 goles na liga e Iago Aspas 8. Os dous, xogadores da terra, dos que senten o escudo, abandeiran o desexo de moitos futbolistas galegos. Triunfar no equipo da súa terra e xogar, sempre que se poida, coa selección galega.   

Pois ben, Rafael Louzán, o presidente da Federación, recolle esa petición. A TV de Galicia pode confirmarlles que en 2016 volveremos ter partido da selección galega

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/12/2015