CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

En 1989 estrease "sempre Xonxa", de Chano Piñeiro

Publicado o 24/11/2017 17:12
... O 25 de novembro de 1989 estreouse na Coruña "sempre Xonxa", a primeira longametraxe galega rodada en 35 milímetros, e xunto con "urxa" e "continental", a primeira de ficción tamén en galego ...

Foi dirixida por Chano Piñeiro, e protagonizada nos principais papeis por Uxía Blanco - no papel de Xonxa - , Miguel Insua "birutas", Xavier Lourido como "pancho", e Roberto Casteleiro, como "caladiño" ...


Sempre Xonxa é un filme sobre as consecuencias emocionais da emigración. Dous nenos, Pancho e Birutas, que viven placidamente na mesma aldea, están namorados de Xonxa. Pero un dos rapaces, O Birutas, ten que emigrar deixando a Xonxa e a Pancho na aldea. Cando regresa da emigración, Xonxa xa está casada con Pancho ... E xorde un grave conflicto ...

A historia abrangue desde 1947 ata 1986, e estrutúrase en catro episodios vinculado cada un a unha estación do ano. A primavera corresponde á infancia, o verán á puberdade, o outono á madurez e á emigración, e o inverno á vellez e ó retorno.

Chano Piñeiro inspirouse nas historias da emigración que ouvira relatar en Forcarei, onde naceu ... A rodaxe comezou en 1988, pero por motivos económicos e técnicos demorouse durante ano e medio ... En Galicia acadou moito éxito, e a nivel internacional gañou diversos premios e recoñecemento, especialmente en países con presenza da emigración galega ...

Piñeiro faleceu en 1995 en Vigo, con só 40 anos de idade ...
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

24/11/2017