CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

En 1975 créase o grupo poético Rompente

Publicado o 29/11/2017 17:13

En 1975, despois dunha idea desenvolvida por Alfonso Pexegueiro e Antón Reixa, crease o grupo poético Rompente, que despois estaría integrado por eles mesmos, xunto con Alberto Avendaño e Manolo Romón.

O grupo preparaba de todo: manifestos, recitais, festas... Naquel momento elaboraron as chamadas "follas de resistencia poética".

Pouco despois, pasaron a chamarse "colectivo de comunicación poética rompente", comportándose coma unha factoría de creación e asumindo como propia a vangarda. Mesmo se constituíron como editores alternativos, publicando - por exemplo - "con pólvora e magnolias", de Xosé Luis Méndez Ferrín.

O seu concepto integral levaos a montar diversos espectáculos, que se presentan en institutos e festrivais de música: "moisés e a mona", "a tristeza de Ezza", "a dama que fala". Tamén desa época -falamos de finais dos 70- data a publicación de varios libros de poesía tanto do colectivo coma por cada un deles.

O grupo tivo unha andaina intensa pero non moi longa: desfíxose en 1983.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

29/11/2017