CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

En 1936, a revista Life comeza a etapa de fotoxornalismo

Publicado o 23/11/2017 17:17
... O 23 de novembro de 1936, a revista Life iniciaba unha nova etapa, abandonando o humor para se converter nun dos maiores referentes do fotoxornalismo mundial ...

Baixo a dirección de Henry Luce, a publicación poñía especial énfase nas imaxes e non nas palabras, apostando por unha forma de contar historias moito máis directa ...

E o deseño non puido resultar máis positivo: colleitou un éxito abrumador nos primeiros anos, chegando a ter unha tirada de 8 millóns de exemplares ...

Pola revista pasaron moitos fotógrafos de prestixio, como Robert Capa, Alfred Eisenstaedt ou Margaret Bourke-White, autora da primeira portada aquel 23 de novembro ...

"Life" foi testemuña gráfica da historia ... dos cambios políticos, sociais e culturais do século XX e principios do XXI ... Porque como moitas publicacións en papel, desapareceu hai dez anos, en abril de 2007 ... Pero moitas imaxes e reportaxes aínda se poden consultar na páxina web, onde tamén están recopiladas algunhas das portadas máis icónicas ...

"Life" foi referente en Estados Unidos e no resto do mundo, con versións en moitos idiomas, incluída a española, dirixida especialmente a países sudamericanos ...
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

23/11/2017