CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

En 1901 naceu Joaquín Rodrigo, autor do "Concerto de Aranxuez"

Publicado o 22/11/2017 17:12

O 22 de novembro naceu en Valencia, Joaquín Rodrigo, compositor de música clásica que logo sería coñecido como o mestre Rodrigo.

Aos tres anos quedou practicamente cego, como consecuencia dunha infección de difteria. Sempre asegurou que esa foi a causa de que se dedicase á música.

Empezou os estudos musicais aos 9 anos: solfexo, violín e piano. Desde o principio da súa carreira escribía os traballos en braille. En 1927, seguindo o exemplo dos seus antecesores Albéniz, Manuel de Falla, Granados e Turina, trasladouse a París para continuar os estudos, e alí coñeceu a súa futura muller, a pianista turca Victoria Kamhi.

E en 1940 tivo lugar en Barcelona a estrea mundial do Concerto de Aranxuez para guitarra e orquestra, un exemplo definitivo da súa personalidade musical, que lle deu fama universal. Desde ese momento, o seu prestixio medrou enormemente.

Os expertos destacan sobre todo a achega definitiva de Rodrigo ao repertorio para guitarra, logrando a súa dignificación coma instrumento de concerto. Ao longo da súa carreira recibiu numerosos galardóns, destacando o Príncipe de Asturias e o Nacional de Música.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

22/11/2017