En dezaseis concellos galegos, a maioría en Ourense, non hai casos de covid−19
Publicado o 07/02/2021 13:21
Hai unha semana falabamos de 13 concellos sen covid−19. Este domingo son 16. A maioría están na provincia de Ourense. Once concretamente: Calvos de Randín, Chandrexa de Queixa, Entrimo, Gomesende, Larouco, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, Pontedeva, Rubiá, A Teixeira e Vilariño de Conso.
E en Lugo só hai cinco municipios sen casos diagnosticados. Son o de Barreiros, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e Pol.