Emre Çolak podería ser o primeiro reforzo do Deportivo no mercado de inverno
Publicado o 26/12/2019 09:35
Reforzos neste mercado de inverno. Todo apunta a que Emre Çolak será a primeira incorporación.
A pista é que Emre Çolak volveu seguir contas de Instagram relacionadas co Dépor. E nas últimas horas publicaba un comentario. Primeiro un reloxo e un agasallo. O enigma xerou moitísima expectación entre os seareiros. Despois escribía claramente: "Vou pronto, rapaces".
O mediapunta turco atópase actualmente sen equipo tras desvincularse do Al-Wehda saudita e velo de novo coa camisola branca e azul está cada vez máis cerca. Podería non ser o único en regresar.